Galicia impulsa o seu sector vitivinícola na feira ProWein

A conselleira do Medio Rural destaca en Düsseldorf a calidade dos viños galegos e as iniciativas para reforzar a súa presenza nos mercados internacionais. Foto GPXG.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou na primeira xornada da feira internacional ProWein, que se celebrou en Düsseldorf. Alí, puxo en valor a calidade e o traballo dos produtores vitivinícolas galegos, destacando a importancia da súa presenza neste evento para fortalecer a súa competitividade e expandir a súa pegada nos mercados europeos.
O espazo expositivo da Xunta acolle a representación de 20 adegas galegas e os consellos reguladores das denominacións de orixe Valdeorras, Ribeira Sacra, Ribeiro e Monterrei. Segundo indicou Gómez, as DO galegas exportan anualmente ao mercado europeo uns 3,5 millóns de litros de viño, e eventos coma este contribúuen a incrementar esa cifra.
Durante a súa intervención, a conselleira subliñou o compromiso do Goberno galego co sector, a través de iniciativas como a Estratexia de Dinamización Económica, Territorial e Turística das Comarcas Vitivinícolas, as axudas para a promoción en mercados exteriores e os fondos destinados á elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas. En febreiro resolvéronse axudas por valor de 6,5 millóns de euros para 41 beneficiarios, e en breve abrirase unha nova convocatoria de subvencións dotada con 2 millóns de euros.
A participación galega en ProWein inclúe un túnel do viño, augardentes e licores premiados nas Catas de Galicia 2024. Este espazo, coordinado polo sumiller Alejandro Paadín, ofrece degustacións harmonizadas con outros produtos galegos de calidade diferenciada.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A intelixencia artificial chega ao viñedo

Seguinte Nova

Ribeira Sacra promociona os seus viños no Fórum Gastronómico da Coruña

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss