José Tomé oficializa a súa precandidatura á reelección como secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo

O líder socialista aposta por reforzar a estrutura local e comarcal do partido e preparar o PSdeG para afrontar novos retos electorais

José Tomé Roca, fixo un balance positivo da actual Executiva, destacando o traballo dende as alcaldías, dos concelleiros e da militancia na provincia. Foto GPPSDG.

José Tomé Roca, presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte, confirmou a súa precandidatura á reelección como secretario xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo. Con ampla traxectoria política e orgánica, Tomé reafirma o seu compromiso cun partido forte e unido, que se propoña defender os intereses da provincia fronte a un Partido Popular que, segundo el, non ten en conta as necesidades da cidadanía. «Nós traballamos por máis sanidade, máis emprego, máis industria», afirmou, facendo especial referencia á falta de apoio do PP aos sectores estratéxicos de Lugo.
Tomé afronta esta nova etapa con ilusión, co obxectivo de seguir fortalecendo o proxecto socialista na provincia. A súa proposta inclúe non só a consolidación das alcaldías socialistas, senón tamén a recuperación das perdidas e a renovación do Goberno da Deputación. «Debemos traballar por un Lugo con máis oportunidades, no que a reindustrialización sostible e a creación de emprego sexan a base do desenvolvemento», sinalou. Ademais, aposta por reforzar as agrupacións locais, dotalas dos recursos necesarios e darlles un maior protagonismo no proceso político. Tomé tamén destacou a importancia da unidade interna, a participación activa e a coordinación entre as diferentes agrupacións, especialmente na defensa dos servizos públicos, o benestar social e o desenvolvemento económico.
O 5º Congreso Provincial do PSdeG-PSOE, celebrarase o 10 de maio en Lugo, será clave para consolidar a estrutura do partido na provincia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O BNG de Monforte exixe responsabilidades tras a sentenza firme en favor do profesorado do Conservatorio

Seguinte Nova

O PP lucense exixirá no Senado o desbloqueo do acceso ao Porto Seco de Monforte

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss