Lugo aposta por un turismo sostible e desestacionalizado

Foto GPDL

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, participou na VI Conferencia de Presidentes de Deputacións, Provincias, Cabildos e Consellos Insulares, celebrada en Palma de Mallorca, onde expuxo o modelo de turismo responsable que impulsa a institución provincial. Durante a mesa de debate «Retos do Turismo Responsable», destacou a aposta por un turismo de experiencias que fomenta o emprego, dinamiza o rural e respecta o medio ambiente.
«O noso modelo busca desestacionalizar a oferta turística, creando oportunidades en todo o territorio», afirmou Tomé, poñendo como exemplo a campaña sobre os camiños da auga presentada en Fitur. O mandatario subliñou a importancia de diversificar os destinos para evitar masificacións e crear alternativas atractivas durante todo o ano. A conferencia serviu para coordinar políticas de turismo sostible a nivel estatal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sacra Experience reforza a súa aposta pola arte e a cultura na Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O BNG de Monforte exixe responsabilidades tras a sentenza firme en favor do profesorado do Conservatorio

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss