O campo de fútbol de Os Medos mellora a súa eficiencia enerxética

A directora xeral de Administración Local visitou Os Medos para coñecer as actuacións executadas. Foto GPXG.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron recentemente o campo de fútbol Os Medos na Pobra do Brollón para comprobar as melloras de eficiencia enerxética levadas a cabo co apoio do Goberno galego. As actuacións, cun investimento de 51.600 euros, foron financiadas a través do Fondo de Cooperación Local. As melloras inclúen a instalación de bombas de calor no sistema de auga quente sanitaria, a substitución de luminarias e outras obras no sistema eléctrico, así como a cubrición con paneis sándwich para mellorar o illamento térmico do recinto. O obxectivo das actuacións é mellorar o aforro enerxético e garantir o confort na práctica deportiva. A directora xeral lembrou que desde a semana pasada está aberto o prazo para a nova convocatoria de axudas do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local, cun orzamento de 5 millóns de euros, e animou aos concellos a solicitar as axudas para mellorar a eficiencia enerxética nas súas instalacións. As achegas poden chegar aos 60.000 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O empresario de Pantón Gerardo Rodríguez leva o sabor de Galicia a Madrid

Seguinte Nova

O Concello mellora o acceso a Salcedo e o PP pide mellorar a planificación das obras para evitar molestias aos veciños

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss