O Concello de Chantada destina 45.000 euros ás axudas á natalidade para 2025

As familias poderán solicitar as axudas durante catro meses tras o nacemento ou adopción, con contías de ata 800 euros.
Foto Envato.

O Concello de Chantada convocou as axudas á natalidade para o ano 2025. En total, destina 45.000 euros a esta liña de subvencións.
Hai dúas modalidades. Por unha banda, concederanse 800 euros por cada nacemento ou adopción rexistrados entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de decembro de 2025, sempre que a familia non recibise xa esta axuda na convocatoria anterior. Por outra banda, para o segundo ano de vida do menor, poderanse solicitar 400 euros por cada neno ou nena nado ou adoptado entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.
Para optar a estas axudas, os pais deberán estar empadroados en Chantada desde polo menos un ano antes do nacemento ou adopción, e contar coa residencia legal en España. Os menores deberán estar inscritos no padrón do municipio, e tanto os proxenitores como os fillos deberán comprometerse a manter o empadroamento durante catro anos.
O prazo para presentar solicitudes será de catro meses desde o nacemento ou adopción. Os trámites realizaranse no Concello, acompañando a solicitude co libro de familia, DNI ou NIE, certificado de nacemento ou adopción, xustificante da conta bancaria, declaracións sobre outras axudas recibidas e compromisos de residencia e devolución da axuda en caso de incumprimento.
A concesión realizarase por concorrencia competitiva e resolverase nun prazo máximo de tres meses. Estas achegas son compatibles con outras axudas similares. O Concello anima ás familias a aproveitar esta medida para facer fronte aos primeiros gastos da crianza e contribuír a reforzar a poboación local.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta leva xa concedidas 424 axudas do Bono Alugueiro Mocidade por máis de 2,4 millóns de euros

Seguinte Nova

75º Aniversario de la Sociedad Filarmónica de Monforte de Lemos

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss