O Concello de Monforte inicia a renovación do Parque da Compañía

As obras, cun prazo estimado de dous meses, incluirán novos firmes, mellora das zonas verdes, iluminación e novo mobiliario urbano

O Concello de Monforte de Lemos impulsará nas vindeiras semanas unha renovación integral do Parque da Compañía, situado na contorna do Colexio de Nosa Señora da Antiga. A actuación, cuxo contrato se licitará mediante concurso aberto, abranguerá unha superficie de 10.025 metros cadrados e contará cun prazo estimado de execución de dous meses desde a sinatura da acta de replanteo, agás que circunstancias meteorolóxicas obriguen a suspendelo.
O proxecto prevé a substitución do firme do percorrido peonil e do carril bici, ampliando a súa anchura ata dous metros e empregando formigón fratasado de 20 centímetros de grosor, máis seguro e cómodo para ciclistas e peóns. Ademais, renovaranse as zonas verdes, retirando arbustos e pequenas árbores que dificultan o mantemento, para substituílas por céspede con rego automático.
Inclúese tamén a eliminación de bordos que poidan supoñer risco de caída e o recheo da zona central con jabre compactado. Procederase ao levantamento e recolocación do mobiliario urbano existente, así como á instalación de novos bancos, papeleiras e fontes. Tamén se mellorará a iluminación, coa colocación de farolas con luminarias LED, e realizarase o pintado de marcas viarias e símbolos no percorrido peonil e carril bici. O Alcalde, José Tomé, indicou que “con esta actuación, seguimos a completar as accións de mellora que dende o Concello levamos a cabo na zona da Compañía, e que significaron a consecución dun novo Parque Infantil (177.000€), a construción dunha pista de Skate (77.000€), a mellora da Pista Polideportiva da Compañía (48.000€) e a mellora da fonte cibernética da praza da Compañía (62.000€), polo que o investimento total, incluído a nova actuación presentada hoxe, que destinamos nos últimos para mellorar a que é unha das zonas de esparcemento e lecer máis utilizadas da cidade, alcanza os 636.000 euros”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ribeira Sacra promociona os seus viños no Fórum Gastronómico da Coruña

Seguinte Nova

O Estase Cocendo 2025 arranca coa súa 17ª edición no Centro do Viño

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss