O Concello mellora o acceso a Salcedo e o PP pide mellorar a planificación das obras para evitar molestias aos veciños

(Foto GPCAPB)

O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, supervisou esta semana as obras que se están a realizar no acceso ao núcleo de Salcedo para resolver o problema das fochancas na estrada. As actuacións están financiadas polo Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024. Pola súa parte, o voceiro do PP na Pobra do Brollón, Teddy López, demandou ao Concello que, cando se realicen obras nas estradas municipais, se avise aos veciños con suficiente antelación. Esta petición xurdiu despois de que moitos veciños sufriran inconvenientes debido ao corte da estrada sen alternativas de acceso, o que dificultou a súa mobilidade e a recepción de mercadorías. “Todos entendemos que as obras provocan molestias, pero estas poden minimizarse advertindo dos traballos con antelación e indicando as rutas alternativas”, sinalour Teddy López.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O campo de fútbol de Os Medos mellora a súa eficiencia enerxética

Seguinte Nova

Medio Rural e Concello de Bóveda exploran colaboracións para a promoción dos produtos agroalimentarios

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss