O empresario de Pantón Gerardo Rodríguez leva o sabor de Galicia a Madrid

A Alcalde de Pantón, José Luís Álvarez, na inauguración da nova proposta gastronómica do Restaurante O Cabo do Mundo de Madrid. Foto GPCP.

O empresario de Pantón, Gerardo Rodríguez, continúa a súa labor de promover os sabores de Galicia en Madrid. Desde que fundou en 1993 Carbuga S.L., unha empresa de distribución de carne de boi galega de alta calidade, Rodríguez non deixou de reforzar o seu vínculo co sector gastronómico galego. No 2018, deu un paso adiante ao abrir o restaurante Cabo do Mundo, situado no centro financeiro de Madrid, moi preto do estadio Santiago Bernabéu. Neste local, o empresario ofrece as mellores carnes galegas acompañadas de viños da D.O. Ribeira Sacra, converténdose nun referente para aqueles que buscan a autenticidade da gastronomía galega.
Unha das imaxes máis representativas da Ribeira Sacra, o Cabo do Mundo, dá nome ao restaurante, e Rodríguez segue levando un pedazo de Galicia á capital. Agora, para seguir ofrecendo aos seus clientes unha experiencia completa, incorporou unha polbeira á terraza do seu restaurante, cun pulbeiro do Carballiño que ofrece o mellor polbo galego. A nova proposta gastronómica foi inaugurada o pasado 13 de marzo, e contou coa presenza do alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, quen destacou o traballo de Gerardo Rodríguez na divulgación dos produtos galegos. “Sempre lembrando a súa orixe, Gerardo mostra as paisaxes e os viños da Ribeira Sacra, e especialmente de Pantón, coas nosas tres ribeiras”, sinalou o alcalde.
Rodríguez, que segue sendo un fiel seguidor da gastronomía galega e do ritmo vertixinoso de Madrid, explicou que a polbeira na terraza do restaurante Cabo do Mundo agora ofrece aos seus comensais “as mellores carnes, os mellores viños e, por suposto, o mellor polbo”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pantón acolleu a primeira proba do Nacional de Enduro

Seguinte Nova

O campo de fútbol de Os Medos mellora a súa eficiencia enerxética

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

Ir aInicio

Don't Miss