
O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolleu a inauguración do Estase Cocendo 2025, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e patrocinado pola Deputación de Lugo. Esta 17ª edición rende homenaxe aos profesionais do sector. No acto participaron representantes institucionais e recoñecidos traballadores da hostalería, ademais de contar cun saúdo virtual do barista Damián Seijas.
Ata o 6 de abril, veciños e visitantes poderán degustar o cocido en establecementos de dez concellos da comarca. Haberá tapas, menús e pratos do día, ademais de actividades como visitas guiadas e unha quedada motera. As rifas permitirán optar a unha cesta de produtos de porco.•