O IES Daviña Rey celebra con éxito a I Feira de Formación Profesional

Estudantes e profesores participaron na mostra de ciclos formativos de Automoción, Electrónica, Sanitaria e Servizos á Comunidade Foto IESDR.

Durante os días 18, 19 e 20 de marzo, o IES Daviña Rey acolleu a súa primeira Feira de Formación Profesional, un evento que contou coa participación dos departamentos de Automoción, Electrónica, Electricidade, Sanitaria e Servizos á Comunidade. A feira consistiu en diferentes obradoiros prácticos para mostrar os coñecementos adquiridos polos estudantes ao longo do curso.
O evento recibiu a visita de numerosos centros educativos, como o IES Quiroga, o CEIP Agándara ou o CEIP de Bóveda, que puideron coñecer de primeira man a oferta educativa da FP. Alumnos e profesores explicaron os ciclos formativos ofrecidos no centro e realizaron diversas actividades prácticas, como simulacións de reanimación cardiopulmonar, traballos no taller de Automoción ou simulacións tecnolóxicas aplicadas á ciberseguridade.
A iniciativa foi ben acollida tanto polos estudantes como polo profesorado, que destacan a súa motivación e o impacto positivo na súa formación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O IES Río Cabe gaña a final do concurso empresarial “Young Business Talents”

Seguinte Nova

Fayez Badawi achega a Monforte unha visión de primeira man da resistencia palestina

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio

Don't Miss