O IES Río Cabe gaña a final do concurso empresarial “Young Business Talents”

Un equipo de 2º de Bacharelato do centro monfortino alzouse coa vitoria na simulación empresarial, competindo con centros de Madrid, Barcelona, A Coruña e Sevilla

O equipo do IES Río Cabe formado polas alumnas Carolina Costa Daga, Mara López Rodríguez, Pablo Rodríguez López y Candela Sánchez Touzón. Foto IRC.

O pasado 21 de marzo celebrouse en Madrid a final do concurso empresarial “Young Business Talents”, onde un equipo de estudantes do IES Río Cabe proclamáronse vencedores. O equipo, formado polas alumnas Carolina Costa Daga, Mara López Rodríguez, Pablo Rodríguez López e Candela Sánchez Touzón, competiu con outros catro equipos de Madrid, Barcelona, A Coruña e Sevilla, gañando a simulación na que tiveron que tomar decisións estratéxicas en distintas áreas empresariais.
Os estudantes, de 2º de Bacharelato, participaron na competición educativa de simulación empresarial organizada por ABANCA, ESIC University, Herbalife e Praxis MMT. Ao longo da competición, os rapaces destacaron pola súa capacidade para xestionar aspectos como o marketing, a produción ou as finanzas dentro dun entorno dixital que replica a realidade empresarial. A simulación permitiulles tomar decisións en tempo real, como a xestión de prezos de venda, a contratación de persoal ou a solicitude de préstamos.
O certame comezou no mes de novembro cun total de 11.466 estudantes preuniversitarios de 412 centros educativos de toda España. Durante as distintas fases online, os equipos tiveron a oportunidade de experimentar na práctica como funciona unha empresa real, xestionando desde a produción ata as exportacións, pasando polas decisións de financiamento e marketing. A competición culminou cunha gran final onde o equipo gañador foi aquel que acadou o maior beneficio económico ao longo da simulación.
Este proxecto de gamificación, que combina a formación teórica cunha experiencia práctica, ten como obxectivo mellorar a educación no ámbito da economía e das empresas. A participación nesta simulación permitiu aos estudantes do IES Río Cabe mellorar as súas habilidades de toma de decisións baixo presión, enfrontándose a un entorno de mercado simulado.
Os vinte equipos gañadores da final nacional repartíronse máis de 10.000 euros en premios, ademais de diplomas acreditativos que lles permitirán mellorar o seu currículo e as súas perspectivas profesionais no seu futuro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP lucense exixirá no Senado o desbloqueo do acceso ao Porto Seco de Monforte

Seguinte Nova

O IES Daviña Rey celebra con éxito a I Feira de Formación Profesional

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio

Don't Miss