
Os senadores do PP lucense, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto á portavoz Katy Varela e membros do PP de Monforte de Lemos, visitaron recentemente a área industrial do Porto Seco de Monforte para coñecer de primeira man as dificultades que aínda afectan ao desenvolvemento deste proxecto estratéxico. Durante a súa intervención no Senado, os senadores avanzaron que presentarán unha iniciativa para que o Goberno de España «desbloquee o acceso» á plataforma loxística desde a estrada N-120, após a confirmación oficial de que este acceso está «bloqueado desde fai seis anos».
A cuestión principal radica nunha esixencia de ADIF, a administración de infraestruturas ferroviarias, que obriga á Xunta de Galicia a asumir a supresión dun paso a nivel sobre a vía ferroviaria. Esta condición está a retrasar o inicio da posta en marcha dunha área industrial de máis de 146.000 metros cadrados, con capacidade para combinar distintos modos de transporte, como o ferroviario e o de vehículos pesados.
Os senadores tamén lembraron que a Xunta de Galicia é a administración que maior compromiso amosou co proxecto, destinando unha inversión de 20 millóns de euros e reservando fondos anualmente nos orzamentos autonómicos para garantir a execución do acceso, que permanece bloqueado polo Goberno de Sánchez.•