O Premio Fiz Vergara Vilariño celebra o seu 25º aniversario

O certame, promovido polo Concello de Sarria e a Agrupación Cultural Ergueitos, premiará a obra gañadora con 6.000 euros e a súa publicación

O Concello de Sarria, en colaboración coa Agrupación Cultural Ergueitos, convoca a vixésimo quinta edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, un certame de referencia na literatura galega. O concurso busca recoñecer obras orixinais e inéditas en galego, cunha extensión mínima de 500 versos.
Os traballos deberán presentarse en papel, en catro copias e con plica pechada, enviándose ao Concello de Sarria antes do 9 de maio de 2025. O gañador recibirá 6.000 euros e verá publicada a súa obra en Editorial Espiral Maior. O fallo do xurado farase público antes do 28 de novembro. O Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, instituído no ano 2000 en honra ao poeta de Samos, consolidouse como un dos máis prestixiosos en lingua galega, mantendo viva a memoria do autor.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta investirá máis dun millón de euros na mellora de estradas en Sarria e Láncara

Seguinte Nova

Sarria prepárase para ExpoCidades, a feira de turismo do Eixo Atlántico

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss