
A agrupación do PSdeG en Bóveda denuncia que os centros de saúde de Rubián e Bóveda quedaron sen médico os pasados días 12, 13 e 16 de marzo. A voceira municipal socialista, Carmen Macía, considera que esta situación se está a converter en habitual e criticou que a Xunta non cubra as baixas ou permisos dos profesionais. “Isto é unha vergoña e un abandono da sanidade pública”, asegura Macía. O PSdeG pide que a Xunta tome medidas urxentes para garantir a atención sanitaria no concello.•



