Pantón acolleu a primeira proba do Nacional de Enduro

Máis de 150 pilotos participaron na cita, que tivo lugar o 15 e 16 de marzo nos circuítos naturais de Pantón. Foto GPCP.

O Concello de Pantón foi o escenario, na fin de semana do 15 e 16 de marzo, da primeira proba do Campionato de España de Enduro, organizada polo MotoClub A Peroxa coa colaboración do Concello, a Xunta de Galicia e outras entidades. A cita congregou a máis de 150 motoristas nos circuítos de Monte de Eiré, Ferreiroá e Monte Baliño, que se caracterizan pola súa beleza natural.
As boas condicións climatolóxicas permitiron que os pilotos e o público gozaran dunha fin de semana espectacular, completando tres especiais naturais e case dúas horas de cronometradas. O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, destacou o éxito da proba, que atraiu a moitos visitantes ao municipio. “As propostas de Enduro que celebramos en Pantón son cada vez máis recoñecidas. Os espazos naturais e as paisaxes da zona son un escenario ideal para este tipo de competicións, facendo que os motoristas e os afeccionados disfruten dunha experiencia única”, asegurou o rexedor.
Na proba de Pantón, o piloto francés Antoine Magain dominou a clasificación e chega como líder ao próximo evento do Campionato, que se celebrará en Gironella (Barcelona) o 24 de abril. Magain foi acompañado no podio por Sergio Navarro (E2) e Jaume Betriu (E3). A cita tamén destacou a ausencia de Josep García, actual campión, que se recupera dunha lesión. Albin Elowson e Alejandro Navarro repartíronse a cuarta posición o sábado e o domingo.
Na categoría Enduro1, Álex Puey celebrou o seu primeiro dobrete de categoría, mentres que en mulleres Rosie Rowett gañou a proba, superando a María San Miguel e Mireia Rabionet. Unha das actuacións máis destacadas foi a de Elena López, de Samos, que segue sumando puntos no Campionato.
Este evento amosou a forza de Pantón como destino para grandes citas deportivas, para promocionar os recursos naturais e turísticos da zona.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ermitas Fernández celebra os seus 100 anos rodeada da súa familia

Seguinte Nova

O empresario de Pantón Gerardo Rodríguez leva o sabor de Galicia a Madrid

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio