Protagonismo monfortino nas Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 2024

Foto GPXG

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este mércores no Teatro Principal de Ourense na entrega das Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia, que nesta edición recoñeceron a labor de 99 deportistas e entidades. Entre os premiados destacaron catro monfortinos e o Club Lemos, galardoados pola súa contribución ao fomento do deporte na comunidade.
A atleta Saleta Fernández, recentemente retirada da competición, foi unha das galardoadas, recoñecendo a súa traxectoria e dedicación ao atletismo. Ademais, recibiu a distinción José Luis Sánchez, expresidente de A Pinguela, en recoñecemento á súa labor na xestión e promoción do deporte local.
Tamén foron homenaxeados José Antonio Díaz, expresidente do Club Lemos, e Ramón Rodríguez Buján, directivo e expresidente do Calasancio, polos seus anos de esforzo e dedicación ao desenvolvemento deportivo en Monforte. O Club Lemos, pola súa banda, foi recoñecido como club centenario, destacando a súa longa traxectoria na promoción do fútbol galego. O actual presidente da entidade, Antonio López, foi o encargado de recoller a distinción.
Durante a cerimonia, o presidente da Xunta puxo en valor o impacto positivo do deporte na sociedade galega, destacando a súa capacidade para fomentar hábitos saudables e impulsar a economía. Rueda reafirmou o compromiso do Goberno galego co apoio á práctica deportiva, desde o deporte base ata a profesionalización, a través de infraestruturas, programas de axuda e medidas para facilitar a conciliación dos deportistas.
Galicia pechou 2024 cunha cifra récord de licenzas deportivas, acadando preto de 320.000, das cales 98.000 corresponden a mulleres. Ademais, conta con 1.500 deportistas de alto rendemento, o que supón un incremento do 350% nos últimos 15 anos. No eido escolar, máis de 150.000 nenos e nenas participan no programa XOGADE, que combina a competición deportiva coa actividade recreativa nos centros educativos.
As Distincións ao Mérito Deportivo, promovidas pola Xunta de Galicia, poñen en valor o esforzo e dedicación de persoas e entidades que contribúan á dinamización do deporte en Galicia, sendo esta unha das citas anuais máis relevantes no recoñecemento do talento e compromiso cos valores deportivos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga acolle o 9º Torneo Futsal Feira do Viño

Seguinte Nova

Impulso ao Plan Director do Hospital Comarcal de Monforte

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss