
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participaou no Fórum Gastronómico da Coruña. Este evento constitúe unha das citas máis destacadas do sector en Galicia.
No Túnel do Viño estivo dispoñible unha selección de 25 viños procedentes de nove adegas da Ribeira Sacra, sete brancos e dezaoito tintos.
As adegas representadas son Ponte da Boga, Alouviño, Rectoral de Amandi, Carlos Fernández – Viña Frieira, Pazo de la Cuesta, Regina Viarum, Ronsel do Sil, Tolo do Xisto e Viñas de Belesar – Mauricio Lorca.
Ademais, Ribeira Sacra contou cun espazo dentro do stand compartido polas denominacións de orixe galegas. Durante o evento, o Consello Regulador impulsa a promoción dos seus viños mediante tres catas dirixidas, integradas na programación do Fórum.•