
Sarria acollerá a feira ExpoCidades do 2 ao 4 de maio, un evento que reunirá a 24 cidades galegas e portuguesas. Durante os tres días, a Praza da Vila será o punto de encontro para descubrir a riqueza cultural, artística, natural e gastronómica das localidades participantes, que contarán cunha caseta onde mostrarán os seus recursos.
ExpoCidades coincidirá con outros eventos importantes como a Feira de Antigüedades, a Pretorian Race e o Rally de Coches Clásicos. A inauguración da exposición terá lugar o 2 de maio cun concerto da Banda Municipal de Música de Sarria e a apertura dunha exposición sobre Matías López. O programa da feira inclúe tamén actividades para toda a familia, como obradoiros de chocolate e visitas guiadas, entre outras. A entrada será libre e requirirá inscrición previa en algúns casos.•