Sober presenta a programación da XLV Feira do Viño de Amandi

A presentación tivo lugar na Capela de Portabrosmos, onde o alcalde Luis Fernández Guitián, acompañado do equipo de goberno e viticultores locais, desvelou os detalles do evento. Foto GPCS.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, presentou na Capela de Portabrosmos a programación da XLV Feira do Viño de Amandi, que se celebrará do 11 ao 13 de abril. Acompañado por parte do equipo de goberno, adegueiros e viticultores, o alcalde destacou o carácter da feira, que será novamente un punto de encontro para amantes do viño e a cultura da Ribeira Sacra. Este ano, o Concello do Incio será o invitado de honra.
A feira contará coa participación de 22 adegas locais e, como acto inaugural, a adega A Cividade será a encargada de abrir as portas do evento, nunha lembranza ao seu fundador, José Verao Rodríguez, ao cumprirse dez anos do seu falecemento. Lucía Pérez, a cantante do Incio, será a encargada de ofrecer o pregón o domingo 13 de abril ás 13:00 horas, e tamén ofrecerá un concerto na Praza do Concello o sábado 12.
Durante o evento, celebrarase unha serie de actividades que inclúen actuacións musicais, catas de viños, e unha misa solemne coa bendición de ramos. A programación tamén inclúe a actuación de grupos locais e a tradicional precata de viños, onde un xurado profesional premiará os mellores viños de diferentes categorías. A Feira do Viño de Amandi converteuse nun referente na promoción dos viños de Sober e da Ribeira Sacra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Coordínanse medidas de seguridade para a XXV Mostra do Aceite e a XLIII Feira do Viño

Seguinte Nova

3CUMIOS emprende a ascensión ao Huascarán en 2025 para levar o nome da Ribeira Sacra á cima do mundo

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio