
O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, en colaboración coas administracións locais, poñerá en marcha entre o 12 e o 20 de abril un servizo de lanzadeiras gratuítas para mellorar a accesibilidade aos puntos turísticos máis concorridos da zona durante a Semana Santa. O obxectivo é reducir a circulación de vehículos en lugares de alta afluencia como os embarcadoiros de Abeleda e Ponte do Sil.
Os autobuses partirán desde Monforte de Lemos e Castro Caldelas, conectando tamén con puntos intermedios como Doade e Abeleda. Os horarios estarán dispoñibles a través da plataforma de reserva, aconsellando a reserva previa para garantir a praza. Pola súa parte, os concellos de Parada de Sil e Nogueira de Ramuín xestionarán lanzadeiras aos mosteiros de Santa Cristina e Santo Estevo de Ribas de Sil, cun custo simbólico de 1€.•