
A Semana Santa de Sarria contará cun completo programa de actos organizados pola Cofradía do Santo Enterro e a Soidade. O primeiro evento tivo lugar o sábado 5 de abril, coa celebración penitencial na Igrexa da Nosa Señora do Rosario, seguida dunha misa ás 20:00 horas para todas as parroquias.
A festividade continuará o venres 11 de abril cunha misa ás 19:00 horas na honra á Virxe das Dores, na Igrexa de Santa Mariña, e o tradicional pregón ás 20:30 horas na Capela do Perpetuo Socorro, a cargo de Mercedes Vázquez Saavedra, acompañada dunha actuación da Coral Sarricanta.
O Domingo de Ramos, 13 de abril, comezará ás 12:00 horas coa Benzón de Ramos na Igrexa do Convento da Mercé, seguida da procisión da Burriña até a Igrexa da Nosa Señora do Rosario. A xornada tamén incluirá unha colecta para Bordón Sarriao. Entre os actos destacados tamén se inclúen a Unción de Enfermos o luns 14, a Misa do Viacrucis o mércores 16, e a Misa da Cea do Señor o xoves 17 de abril, xunto coa procesión do Silencio ás 22:30 horas. O Venres Santo, 18 de abril, a principal cita será a procesión do Santo Entierro ás 20:30 horas, seguida pola Vixilia Pascual o sábado 19 e as misas de Pascua de Resurrección o domingo día 20.•