
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un convenio co Concello de Sarria para colaborar no financiamento dos gastos de funcionamento do matadoiro municipal cun importe de 50.000€. O vicepresidente, Efrén Castro, destacou que esta axuda responde ao compromiso adquirido co Concello e cos demais municipios da comarca para manter a xestión pública dun servizo clave para a veciñanza e o sector cárnico. Castro subliñou que a Deputación actuou con dilixencia para que o Concello poida xestionar as taxas e agarda que outras administracións tamén cumpran os seus compromisos nesta instalación. O acordo segue a liña de colaboración mantida desde a reunión denovembro, na que se reafirmou o apoio á xestión pública do matadoiro.•