
O Concello da Pobra do Brollón organiza un campamento infantil durante a Semana Santa para apoiar a conciliación laboral e familiar das familias da localidade. A actividade terá lugar na Biblioteca municipal ‘Antonio Reboiro’ do luns 14 ao venres 18 de abril, en horario de 8:00 a 13:30 horas. O campamento está dirixido a nenas e nenos a partir de 4 anos e as prazas son limitadas.
As persoas interesadas deben inscribirse antes do venres 11 de abril nas oficinas de Servizos Sociais, de forma presencial na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, por correo electrónico ou por teléfono. A actividade forma parte do programa Plan Corresponsables ‘A Guimaralia máis Corresponsable 2025’.•