A rúa do colexio de Sober dedícase á pintora Maruja Mallo

Foto GPCS

O Concello de Sober aprobou no Pleno de febreiro por unanimidade nomear a rúa do colexio, ata agora sen nome, como Rúa Maruja Mallo, en recoñecemento ás súas raíces no municipio, concretamente na parroquia de San Martiño de Anllo. A homenaxe coincide co 30 aniversario do falecemento da pintora, que se cumpriu o pasado 6 de febreiro.

O acto conmemorativo enmarcouse no Mes do Amandi e contou cunha charla no salón de actos do colexio, onde o profesor Emilio Xosé Insua repasou a vida e obra de Mallo, mentres que o xornalista Ángel Arnaiz falou das súas orixes familiares. Ao remate, alumnas, alumnos e o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, descubriron a placa da rúa en honra á pintora. Maruja Mallo, nacida en Viveiro, é recoñecida internacionalmente pola súa obra. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

XVI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas: Memorial Muíño en Quiroga

Seguinte Nova

A Conselleira de Medio Ambiente reúnese co alcalde de Pantón para abordar a protección da paisaxe

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss