A Xunta apoia a nova asociación deportiva «3 Cumios» no seu proxecto internacional

A expedición ao Huascarán, en Perú, será o primeiro reto de tres mozos alpinistas da comarca de Lemos. Foto GPXG.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha reunión coas persoas responsables da asociación deportiva ‘3 Cumios’, recentemente creada con obxectivo de promover o alpinismo. Os tres promotores do proxecto, José Manuel Prieto, Tomás Porto e Manuel Vieitez, son mozos con ampla experiencia neste deporte, cunha traxectoria que inclúe ascensións en lugares como os Picos de Europa, os Alpes, os Pirineos ou a Patagonia.
O seu ‘Proxecto 3 Cumios’, comezará en xullo cunha expedición ao Huascarán, a montaña máis alta do Perú, cunha altitude de 6.768 metros. O proxecto ten como fin escalar os cumios máis emblemáticos de tres continentes ao longo de tres anos. A asociación tamén se propoñen realizar accións divulgativas e doar material deportivo nas zonas nas que desenvolvan as súas expedicións, promovendo a práctica do deporte e a cultura de montaña a nivel internacional.
O delegado territorial destacou o importante labor dos promotores de ‘3 Cumios’ e mostrou o seu apoio a esta iniciativa que une deporte, cultura e valores como a perseveranza e o traballo en equipo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Xa se coñecen os primeiros grupos para o Trece Roeis 2025

Seguinte Nova

A Pobra do Brollón organiza un campamento infantil para a Semana Santa

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss