
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse con representantes do Pretorianos Club para avaliar a boa acollida da Xacorun, celebrada o pasado domingo co apoio do Goberno galego. Esta proba recorre o Camiño de Santiago entre Sarria, Paradela e Portomarín. Durante a xuntanza tamén se abordou a organización da quinta edición da Pretorian Race Sarria Xtreme, que se celebrará o 3 de maio e agarda reunir a máis de 500 participantes. Arias destacou o impacto positivo destas citas na dinamización das economías locais e na promoción do turismo.•