Chantada acollerá en xuño tres actividades formativas do Proxecto de Democratización do Coñecemento

A Universidade de Santiago de Compostela organiza esta formación para poboación maior de 50 anos en colaboración co Concello. Foto USC.

O Concello de Chantada colabora un ano máis no Proxecto de Democratización do Coñecemento, impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela, que ten como obxectivo difundir o coñecemento científico e artístico entre a poboación maior de 50 anos. Durante o mes de xuño, o Telecentro de Chantada acollerá tres actividades formativas que abordarán temas de interese como as especies arbóreas, a alimentación saudable ou a historia de Galicia na época moderna.
A primeira actividade, “Especies arbóreas da nosa terra”, terá lugar os días 11 e 12 de xuño, entre as 16:30 e as 18:00 horas. Nesta xornada, Dona Blanca Fraga Cimadevila, colaboradora do Programa Universitario de Maiores, repasará as especies arbóreas propias da contorna de Chantada. O 13 e 19 de xuño, tamén de 16:30 a 18:00 horas, o investigador Alexandre Lamas Freire abordará o tema “Alimentación e Xenes, un camiño de dobre sentido”, mentres que Salvador Fernández Rico, tamén da USC, falará sobre “Alimentación segura e saudable”. Por último, o 20 e 24 de xuño, os investigadores Tomás Manso Fraga e Mario Sixto Puente ofrecerán a actividade “Campesiños, curas e fidalgos: a vida cotiá na Galicia da época moderna”. O 24 de xuño realizarase tamén unha saída ao Mosteiro de Oseira, onde se aprofundará nesta temática.
Todas as actividades serán impartidas no Telecentro de Chantada, excepto a visita ao Mosteiro de Oseira, e son de acceso gratuíto, pero con prazas limitadas polo aforo do local. Para participar, será necesario inscribirse na Casa da Cultura de Chantada.
Este proxecto ten como principais obxectivos revalorizar o patrimonio, concienciar sobre a ciencia e a súa presenza no día a día, e destacar o valor das disciplinas artísticas nas nosas vivencias. Ademais, busca fomentar o envellecemento activo, mellorar a calidade de vida e promover a participación intelectual das persoas maiores de 50 anos a través destas actividades formativas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Convocado XX Concurso de Deseño de Cartel para as Festas Patronais de 2025

Seguinte Nova

Chantada leva a cabo actuacións medioambientais no paseo fluvial e outras zonas verdes

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss