Chantada leva a cabo actuacións medioambientais no paseo fluvial e outras zonas verdes

O Concello celebrou o Día Internacional dos Bosques e da Auga con actuacións no paseo fluvial e outras zonas verdes. Fotos GPCC.

O Concello de Chantada, a través da Concellería de Parques e Xardíns, levouse a cabo esta semana importantes traballos de conservación ambiental, coincidindo co Día Internacional dos Bosques e o Día Internacional da Auga. A brigada de parques e xardíns procedeu á corta de árbores secas ou afectadas por enfermidades, para reducir os riscos durante os temporais. Estes labores contaron coas licenzas pertinentes da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e da Xunta de Galicia.
Ao tempo que se retiraron as árbores deterioradas, tamén se realizaron novas plantacións con case 200 exemplares. A actuación contou coa participación do alumnado de 1º de ESO do IES Lama das Quendas, que se encargou de plantar tilos, faias, amieiros e outras especies autóctonas no paseo fluvial e nas marxes do río Asma. O alcalde, Manuel Lorenzo Varela, destacou que estas iniciativas axudan a conservar os espazos naturais da vila e melloran a calidade ambiental da contorna.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada acollerá en xuño tres actividades formativas do Proxecto de Democratización do Coñecemento

Seguinte Nova

Chantada recibirá 30.000€ para mellorar a contorna da igrexa de Santa María de Nogueira de Miño

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

Ir aInicio

Don't Miss