
O Concello de Chantada contará cunha subvención de 30.000€ da Axencia de Turismo de Galicia para mellorar a contorna da igrexa de Santa María de Nogueira de Miño, un ben de interese cultural (BIC) desde finais de 2018. As obras, que comezarán en canto se obteñan os permisos necesarios, incluirán o soterramento das liñas eléctricas aéreas e a pavimentación dos camiños. Estas melloras teñen como obxectivo mellorar a accesibilidade e a seguridade desta igrexa, que destaca pola súa riqueza patrimonial e as súas valiosas pinturas murais.•