
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou os novos parasois do Campo de Fútbol da Pinguela, nun acto que tivo lugar antes do encontro entre o Club Lemos e o Santirso S.D. A actuación, que resolve os problemas de funcionamento dos antigos parasois, consistiu na instalación de 17 toldos motorizados e automatizados, cun sistema que permite a súa apertura ou peche en función das condicións climáticas.
Xunto ao alcalde, estiveron presentes a tenente de alcalde, Gloria Prada, o concelleiro de Medio Ambiente, Servizos e Medio Rural, José Luis Losada, e o presidente do Club de Fútbol Lemos, Antonio López. A actuación responde á necesidade de mellorar o confort dos espectadores, que durante anos tiveron que soportar as inclemencias do tempo debido á deterioración dos toldos antigos.
A inversión, que ascendeu a 111.414,50€, forma parte dunha serie de melloras no campo da Pinguela, ques incluíron a renovación do céspede, nova iluminación e un videomarcador Led. En total, o concello investiu 310.000 € .•