
O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, mantivo unha xuntanza co conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, para avaliar liñas de apoio da Xunta que permitan avanzar en diversos proxectos do Goberno local. O encontro celebrouse no marco dunha rolda de reunións coas alcaldías de varios concellos. Arias agradeceu a boa disposición da consellería para estudar posibles colaboracións.•



