
O BNG iniciou unha campaña de denuncia e reivindicación polo arranxo integral da estrada 540, que comunica Lugo e Santiago. A vía, esencial para o centro e o sur da provincia, presenta treitos gravemente deteriorados que afectan á seguridade dos usuarios e ao estado dos vehículos. A formación nacionalista colocou dous valos de denuncia advertindo que “A estrada 540 non pode agardar ata 2027”, en referencia ao prazo dado polo goberno central para realizar a obra. Un dos valos está na entrada a Lugo desde Ourense e outro no cruzamento de Chantada. O deputado provincial Efrén Castro destacou que a vía presenta treitos impracticables que obriguen aos condutores a circular a menos de 20 quilómetros por hora. Pola súa banda, o deputado Iago Suárez criticou a falta de acción de socialistas e o populares nesta cuestión. A campaña do BNG continuará nas próximas semanas cunha serie de concentracións e iniciativas nas diferentes institucións.•