
Quiroga foi o centro do parapente en Galicia grazas a unhas xornadas formativas dirixidas a pilotos da modalidade. O evento, organizado polo Club de Parapente Quiroga, contou coa colaboración da Federación Aeronáutica Galega e o Concello de Quiroga, e tivo lugar na Casa da Cultura. O alcalde José Luís Rivera deu a benvida aos participantes, ofrecendo apoio ao club para futuras organizacións de campionatos.
As xornadas foron impartidas por Marcos Gay, CEO de Galicia Parapente, técnico deportivo e piloto con ampla experiencia. Gay compartiu coñecementos sobre aerodinámica, seguridade e técnicas de pilotaxe, facendo especial fincapé na importancia dunha formación adecuada e no uso do equipamento correcto. Tamén se falou das condicións meteorolóxicas favorables, aspecto que en Quiroga ofrece frecuentemente.•