
Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano concluíron que o Goberno de Pedro Sánchez non se compromete coa ampliación do polígono industrial do Reboredo, en Monforte de Lemos. Esta postura, segundo o PP, tamén desmente os anuncios feitos polo alcalde socialista, José Tomé, xunto ao Delegado do Goberno e á responsable de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA). O PP de Monforte, tras presentar varias preguntas no Senado, lamenta que, a pesar do anuncio de setembro de 2023, non se teñan iniciado obras concretas para a ampliación da infraestrutura industrial.
O Goberno de Sánchez, na súa resposta oficial, limitouse a mencionar un convenio subscrito coa Confederación Hidrográfico do Miño-Sil para mellorar o saneamento e depuración do polígono, pero sen alusións á súa ampliación. Para os senadores do PP, isto é unha contradición aos compromisos adquiridos previamente polo rexedor e outros representantes institucionais.
Diante da falta de avances, o Partido Popular reitera a urxencia de atopar solucións para cubrir a crecente demanda de solo industrial na comarca, e subliña que a dispoñibilidade de solo empresarial a prezos accesibles é clave para o desenvolvemento económico e a xeración de emprego.•