Sarria celebrou o Día da Poesía

O evento, que serviu de homenaxe ao seu impulsor, Eduardo Rey Moure, congregou na Praza da Vila a máis de 300 persoas

O evento reuniu a máis de 300 persoas e rendiu homenaxe ao mestre Eduardo Rey Moure. Foto GPCS.

A Praza da Vila foi o epicentro cultural da comarca coa celebración do Día da Poesía, tras o adiamento da cita prevista para o 21 de marzo debido ás malas condicións meteorolóxicas. A actividade contou coa participación dos centros escolares, que interpretaron poemas coa auga como fío condutor. O acto tamén tivo un marcado carácter de homenaxe a Eduardo Rey Moure, mestre e impulsor desta celebración, que agora leva o seu nome. Máis de 300 persoas participaron neste evento, que estivo presentado por Xurxo Souto. O Concello de Sarria expresou o seu agradecemento aos centros educativos e á Escola de Música de Sarria, por contribuír ao éxito desta xornada, que se consolidou como un encontro de reflexión e divulgación da poesía e da identidade local.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta avalía o éxito das carreiras «Xacorun» e «Pretorian Race»

Seguinte Nova

A Cofradía do Santo Enterro e a Soidade prepara unha intensa programación para a Semana Santa 2025

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss