XVI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas: Memorial Muíño en Quiroga

O certame, que terá lugar o 19 de abril, contará con 15 bandas de toda Galicia e o Bierzo. Foto RTMQ.

O 19 de abril, Quiroga acollerá o XVI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, unha das citas máis importantes da música galega. A primeira fase do evento, que retoma o nome de Memorial Muíño en homenaxe ao artesán e investigador José María Alfonso García Muíño, contará coa participación de 15 bandas, máis de 400 gaiteiros de diversas localidades galegas e do Bierzo.
Na presentación celebrada no Parador de Monforte, o alcalde de Quiroga, José Luís Rivera, destacou a singularidade do evento, que cualificou como «único en Galicia». O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, subliñou a importancia de asociar o nome da Administración autonómica ao certame, promovendo a cultura galega. O certame lembrará ao gaiteiro falecido Hilario García.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Club de Parapente Quiroga organizou unhas xornadas formativas para pilotos

Seguinte Nova

A rúa do colexio de Sober dedícase á pintora Maruja Mallo

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss