IGV critica que as axudas á colleita en verde exclúen á viticultura tradicional da Ribeira Sacra

Interior Galego Vivo denuncia que a orde da Xunta favorece os grandes grupos adegueiros e deixa fóra ás pequenas produtoras e ao autoconsumo. Foto IGV.

Interior Galego Vivo (IGV) advertiu que a nova orde da Consellería do Medio Rural, publicada o 9 de abril no DOG, deixa fóra da liña de axudas á colleita en verde á maior parte das pequenas e medianas produtoras da Ribeira Sacra e do Ribeiro. A medida, dotada con 600.000 euros procedentes integramente do fondo europeo Feaga, pretende compensar parcialmente a destrución de uva para vinificación, mais establece uns requisitos que, segundo IGV, exclúen a viticultura tradicional e de autoconsumo.
Entre os criterios esixidos están que as parcelas teñan só variedades tintas, estean en produción e inscritas no Rexistro Vitícola, que foran plantadas antes das últimas tres campañas e que a superficie sexa superior a 500 m². Ademais, debe solicitarse a totalidade da superficie ata un máximo de 10 ha. IGV considera que estas condicións favorecen as grandes explotacións e discriminan ás pequenas produtoras, ao tempo que se ignoran os custos reais de produción e se perpetúa a venda a perdas ao fixar un prezo medio de 1,17 €/kg como base para o cálculo da compensación.
A entidade critica que a Xunta non achegue fondos propios á convocatoria e denuncia que o reparto da axuda —que pode chegar ata os 6.000 euros por hectárea— repite o patrón das anteriores “axudas á paisaxe”, que cualifican de discriminatorias. Tamén consideran que o prazo de presentación de solicitudes, aberto só ata o 25 de abril, é insuficiente e impide que moitas produtoras poidan optar ás axudas. IGV reclama un apoio real á viticultura familiar, clave para evitar o abandono de terras, fixar poboación e preservar a paisaxe de ribeira.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Abre o prazo para solicitar as axudas á colleita en verde da viña en Galicia

Seguinte Nova

O viño galego prepara unha ofensiva promocional en Bruxelas co apoio da Xunta

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss