Rematada a reforma integral das pistas de tenis da Pinguela en Monforte

O Alcalde José Tomé Roca, e membros de equipo de goberno, visitando as pistas de tenis logo dos traballos de mellora realizados. Foto GPCM.

O Concello de Monforte completou as obras de mellora nas súas pistas de tenis municipais, situadas na zona da Pinguela. As actuacións inclúen a renovación do pavimento, que se fixo con formigón poroso de 9 cm de espesor, a mellora do drenaxe e o pintado das liñas de xogo. Tamén se renovou o peche perimetral, substituíndo 153 metros de murete e colocando un novo sistema de peche metálico. A partir de agora, as pistas poderán ser alugadas a través da plataforma SPORTTIA, facilitando a reserva automática dos usuarios, que recibirán un PIN para acceder ás instalacións. O prezo por hora será de 3,09 €, e a iluminación acenderase de xeito automático se é necesario. A reforma forma parte dun proxecto integral de mellora na zona da Pinguela.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta acomete tarefas de limpeza viaria no Saviñao

Seguinte Nova

O Monte Cido, en Folgoso do Courel, acolleu unhas xornadas divulgativas sobre o xacemento

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss