
Xa estamos ás portas da XLV Feira do Viño de Amandi, que se celebrará do 11 ao 13 de abril. Este ano, a feira contará coa participación de 22 adegas. O programa de actividades é o seguinte:
- Venres 11 de abril
19.30 h: Inauguración a cargo da Adega Cividade, en lembranza de José Verao Rodríguez.
20.00 h: Batucada X de L.
22.30 h: Concerto de Louband. - Sábado 12 de abril
11.00 h: Apertura de stands.
11.30 h: Actuación dun grupo de música tradicional.
12.30 h: Concerto da Banda de Música de Sober.
17.00 h: Precata oficial.
18.30 h: Batucada Baturruca.
21.30 h: Concerto de Lucía Pérez e de Gin Toni’s. - Domingo 13 de abril
10.45 h: Charanga NBA.
11.00 h: Pasarrúas coa Banda de Música de Sober.
11.30 h: Cata final oficial e Misa Solemne.
12.00 h: Animación a cargo dunha selección de tunas de Madrid.
12.30 h: Recepción de autoridades.
13.00 h: Pregón a cargo da cantante Lucía Pérez.
13.30 h: Entrega de premios.
17.30 h: Actuación da Charanga NBA.
18.00 h: Actuación da Gaitukada Aikirindo.
19.30 h: Baile coa orquestra Los Satélites. •