A Ribeira Sacra salva a Semana Santa a pesar da climatoloxía

A Ribeira Sacra mantivo unhas boas cifras de ocupación na Semana Santa a pesar do mal tempo. Foto ENVATO.

Segundo os datos recollidos polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, o sector dá por salvada a Semana Santa de 2025, a pesar das fortes precipitacións, neve e descenso de temperaturas que marcaron as datas festivas. O balance das ocupacións rexistradas foi positivo, aínda que se produciu unha leve caída nas porcentaxes respecto ao ano anterior.
Nos días centrais da festividade (do 17 ao 21 de abril), a ocupación media foi do 82%, similar ás previsións e só lixeiramente inferior ao 87% de 2024. Aloxamentos como hoteis de 3 e 4 estrelas alcanzaron o 83% de ocupación, e o turismo rural, cun 86%, mantivo tamén cifras destacadas. Pola súa parte, as vivendas turísticas presentaron unha ocupación do 80%, un 13% inferior ao ano anterior, aínda que a previsión inicial tamén se cumpriu.
Nos días previos á Semana Santa (do 11 ao 16 de abril), a ocupación foi do 70,5%, mellorando as cifras do 67,5% do ano pasado. A pesar das cancelacións puntuais, moitos establecementos cubriron as prazas vacantes con reservas de última hora, adaptándose ás inclemencias do tempo. O sector amosa a súa satisfacción polo comportamento do público, que respondeu de forma positiva á situación meteorolóxica e alcanzou números semellantes aos de 2024.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP destaca os investimentos da Xunta no Hospital de Monforte

Seguinte Nova

As rutas fluviais da Ribeira Sacra superan o 80% de ocupación

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss