A Xunta abre ata setembro o prazo para solicitar as axudas a iniciativas empresariais de base tecnolóxica

O programa IEBT destina medio millón de euros para apoiar ata 21 proxectos durante o seu primeiro ano de actividade

Os apoios poderán ser de ata 24.000 € para a creación directa de emprego estable ou de ata 30.000 para o inicio e posta en marcha da actividade, tendo en conta que cando a IEBT sexa cooperativa ou sociedade laboral, a axuda subirá nun 25%. Foto ENVATO.

As persoas interesadas en poñer en marcha unha empresa de base tecnolóxica en Galicia xa poden solicitar, desde este martes 22 de abril e ata o 30 de setembro, as axudas autonómicas do programa IEBT. Así o recolle a convocatoria publicada esta semana no Diario Oficial de Galicia, que conta cun orzamento de 500.000 euros co obxectivo de apoiar ata 21 iniciativas durante o seu primeiro ano de funcionamento.
A convocatoria contempla catro liñas principais de apoio económico: creación directa de emprego estable, inicio da actividade, apoio á función xerencial e conciliación da vida persoal, laboral e familiar. As achegas poderán acadar os 24.000 euros por posto de traballo indefinido creado, chegando ata os 30.000 euros para cubrir os custos iniciais da actividade. A función xerencial poderá contar con ata 12.500 euros, mentres que a liña de conciliación permitirá sufragar ata 3.000 euros.
Estas contías increméntanse nun 25% cando se trate de cooperativas ou sociedades laborais. Ademais, a axuda base por cada persoa desempregada incorporada, fixada en 6.000 euros, poderá chegar ata os 8.000 se o traballador é menor de 30 anos, maior de 52, muller, emigrante retornado ou estranxeiro. Tamén se contempla un incremento adicional acumulable do 25% se o proxecto se desenvolve nun concello rural, entre outras condicións.
Entre os gastos subvencionables inclúense os servizos notariais e de rexistro, compra de materias primas, alugueiro de locais, equipamentos, seguros, publicidade ou creación de páxinas web. As axudas á función xerencial cobren a formación empresarial e a contratación externa de estudos ou análises. Pola súa banda, as achegas para conciliación poderán cubrir ata o 75% do custo dos servizos de coidado contratados.
O programa IEBT, en funcionamento desde 2001, busca fomentar o emprendemento entre investigadores e titulados universitarios, promovendo a creación de empresas innovadoras e o emprego cualificado.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

I Foro Ribeira Sacra en Pantón: debate sobre o modelo turístico e a súa sustentabilidade

Seguinte Nova

Novas axudas para impulsar a proxección internacional das pemes galegas

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio