As rutas fluviais da Ribeira Sacra superan o 80% de ocupación

Foto GPDL

As rutas fluviais da Deputación de Lugona Ribeira Sacra rexistraron durante a Semana Santa unha ocupación de preto do 80%. Entre o luns 14 e o domingo 16 de abril, un total de 2.123 persoas viaxaron nos catamaráns que percorren os ríos Miño e Sil. A Deputada Pilar García Porto valorou positivamente estas cifras, que cualificou de «boísimas», tendo en conta as malas condicións meteorolóxicas que marcaron a Semana Santa, con fortes precipitacións, neve en puntos concretos e unha baixada significativa das temperaturas. Destacou que as rutas fluviais seguen a ser un elemento importante na dinamización económica e social da comarca, e puxo en valor a calidade deste servizo público. Este ano, a Deputación de Lugo mantivo un servizo ininterrompido durante toda a Semana Santa, que se prolongou ata o 20 de abril, e seguirá operando durante os meses de maio e xuño. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Ribeira Sacra salva a Semana Santa a pesar da climatoloxía

Seguinte Nova

O BNG pide a creación dun Consello Municipal de Educación en Monforte

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss