
As deputadas do PP Encarna Amigo e Katy Varela visitaron o Hospital de Monforte para coñecer as novas incorporacións tecnolóxicas e as obras de mellora acometidas no centro sanitario. Entre os avances máis recentes, destacaron a posta en marcha dun novo mamógrafo de última xeración e dun TAC que permite diagnósticos máis rápidos e precisos. Ademais, salientaron a ampliación do Hospital de Día, a reforma da Farmacia Hospitalaria, a creación dun novo Laboratorio de Microbioloxía e da área de Cardioloxía. As obras das novas áreas de Neumoloxía e Dixestivo están en marcha, e dende o 1 de abril incorporáronse catro novas enfermeiras para reforzar varios servizos.•