
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, anunciou en Chantada a adxudicación das obras de mellora no CEIP Plurilingüe Xoán de Requeixo por un importe de 435.000 euros. As intervencións inclúen o cambio de 165 fiestras e oito portas, a renovación da cuberta do ximnasio e a remodelación dos vestiarios. No comedor substituiranse dous tramos de teito. A actuación, enmarcada no Plan de nova arquitectura pedagóxica, iniciarase en maio co obxectivo de estar rematada para o comezo do curso.•