
A XLIII Feira do Viño de Quiroga contou a pasada semana coa participación do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, e do director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles. A cita reúne este ano 13 adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, mantendo viva unha tradición que arrincou nos anos 80 para visibilizar o labor de viticultores e adegas familiares. Alemparte destacou o valor destas festas na promoción dun sector clave para Galicia, mentres Merelles salientou o enoturismo como un dos principais atractivos do destino Galicia así como o seu potencial desestacionalizador para repartir os visitantes ao longo de todo o ano e tamén o aspecto diversificador do territorio, xa que a Comunidade conta cunha importante cultura vitivinícola.•