Chantada, primeiro municipio da Ribeira Sacra en acadar o selo Starlight

O recoñecemento Starlight reforza a aposta polo astroturismo e a protección do ceo nocturno no territorio. Foto GPCCH.

Chantada vén de converterse no primeiro concello da Ribeira Sacra en obter a certificación de Municipio Starlight, outorgada pola Fundación Starlight pola calidade do seu ceo nocturno e o seu compromiso co turismo sostible. O concello, de 177 km² e baixa contaminación lumínica, súmase así á rede de localidades que promoven o astroturismo.
As medicións realizadas no Monte do Faro e en Amedo permitiron superar os requisitos para o recoñecemento, que o sitúa como o terceiro galego certificado, xunto con Muras e Lalín. O Concello prevé impulsar actividades astronómicas, crear miradoiros estelares e formar monitores especializados, coa intención de atraer visitantes e dinamizar o territorio con propostas sostibles vencelladas ao ceo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Melloras nos espazos exteriores do CEIP de Samos grazas ao apoio da Deputación de Lugo

Seguinte Nova

A Xunta investirá 435.000€ na mellora do CEIP Xoán de Requeixo

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss