Influencers percorren as rutas do viño galegas para promover o turismo en redes sociais

Neste mes de abril estanse a desenvolver unha serie de viaxes de familiarización para ampliar a difusión das Rutas do Viño, achegándoas a figuras relevantes das redes sociais . Foto GPXG.

Turismo de Galicia puxo en marcha cinco famtrips co obxectivo de amosar as rutas do viño da comunidade a influencers e creadores de contido. Estas viaxes, realizadas en abril, coinciden coa promoción das experiencias da Primavera de Portas Abertas, que en maio estarán dispoñibles ao público. A iniciativa arrincou en Rías Baixas e Ribeiro, continuou en Monterrei e prosegue esta fin de semana na Ribeira Sacra, onde participan @petiscosgalegos ou @galicia.angibaldrich. . O aloxamento será no hotel Mogay, percorrerán a adega Finca Míllara e degustarán os menús dos restaurantes A Faragulla e A Taranxela. Mediante este tipo de iniciativas, Turismo de Galicia quere achegar distintas propostas diferenciais a profesionais das redes sociais destacadas polo seu papel activo nas recomendacións de ocio e gastronomía.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Ribeira Sacra, destino estrela do Coñece a túa provincia

Seguinte Nova

A Xunta reafirma en Quiroga o seu apoio ao sector vitivinícola galego

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss