Medio Rural entrega a viveiros galegos 3.900 enxertos de vide para impulsar a calidade vitícola

O material, clave para a produción certificada, procede do centro da Xunta en Monforte e abrangue 36 clons de variedades autóctonas. Foto ENVATO.

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, fixo entrega recentemente de 3.900 enxertos de vide de categoría base aos viveiros galegos. O acto tivo lugar no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos, onde se concentra unha parte esencial da actividade de conservación e multiplicación do material vexetal seleccionado. Esta entrega forma parte da oferta total da Xunta para este ano, que ascende a 28.400 exemplares, dos cales unha parte poderá ser distribuída a viveiros doutras comunidades se se cobren previamente as necesidades da produción galega.
O material entregado procede do programa de selección clonal da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), que busca garantir a identidade varietal e a sanidade dos exemplares. Trátase dunha ferramenta clave para mellorar o rendemento dos viñedos e favorecer a produción de viños con maior tipicidade e calidade. As variedades incluídas abranguen tanto castes brancas como tintas, con 36 clons certificados: 23 de variedades brancas como Albariño, Godello ou Treixadura, e 13 de tintas como Mencía, Caíño Tinto ou Brancellao.
Desde os anos 80, a Evega mantén programas de mellora xenética que permiten ofrecer material certificado para a creación de campos de pés nais. A reprodución realízase con trazabilidade garantida e segundo o Regulamento Técnico de Control e Certificación da Vide. A entrega de 2025 supón o segundo ano da nova fase do plan, que ampliou a oferta inicial para reforzar a sustentabilidade e rendibilidade do sector vitivinícola galego.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta reafirma en Quiroga o seu apoio ao sector vitivinícola galego

Seguinte Nova

A Casa da Cultura acollerá este sábado Profetas, nova produción do Centro Dramático Galego e Ítaca Teatro

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss