
O deputado de Rural e Mocidade, Daniel García, visitou esta semana o CEIP de Samos para comprobar as melloras realizadas nos espazos exteriores do centro educativo. Acompañado pola alcaldesa Chus López e por membros da comunidade educativa, revisou as actuacións financiadas pola área de Mocidade, que inclúen a ampliación do parque infantil, a creación dunha aula ao aire libre e a instalación dun horto. O convenio de colaboración co concello, por 18.000 euros, permitiu estas melloras.•