O PP denuncia o incumprimento dos prazos para o arranxo da N-540

Francisco Conde esixe ao Goberno de Sánchez que concrete datas para as obras de rehabilitación da estrada

Diferentes cargos do Partido Popular, concentrados para reclamar o arranxo inmediato da N-540. Fotos GPPP.

O PP advirte que o Goberno de España non cumpriu cos prazos establecidos para o arranxo da N-540 e que, á vista da falta de resposta ás preguntas formuladas polos deputados no Congreso, non parece haber indicios de que se vaian cumprir. Así o manifestou Francisco Conde, quen criticou que o Executivo eluda contestar as cuestións sobre a data de inicio das obras e a rehabilitación do firme, referíndose aos parches executados ata agora como de escasa entidade. O PP tamén cuestiona a falta de compromiso por parte do Goberno respecto ao prazo de finalización das obras na provincia de Lugo.
O portavoz popular sinalou que “un prazo de 38 meses para a execución do contrato, rebaixado en marzo a 18 meses, é inasumible e un risco para a seguridade viaria dos condutores”, e considerou urxente unha actuación inmediata. Conde destacou que a execución das obras era mínima, a pesar de que foron adxudicadas en febreiro de 2024 e formalizado o contrato en marzo. A N-540, presenta un estado lamentable, o que xerou protestas en localidades como Chantada.
Os deputados populares tamén sinalaron a inxustificable falta de avances e a resposta do Goberno, que alegou que no inverno non se poden facer obras debido ás condicións meteorolóxicas, cando, en realidade, non se executaron traballos nin nos meses de verán de 2024. O PP exixe prazos concretos e promete seguir facendo un exhaustivo control parlamentario sobre o proceso, xa que, segundo a subdelegada do Goberno, as obras reanudaranse tras a Semana Santa, pero sen datas claras de inicio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Artistas de toda España percorren o Camiño de Inverno na terceira edición do Camiño Creativo

Seguinte Nova

Pantón celebrará en maio a 30ª edición da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss